Descripción
O proxecto SuMaS xorde da colaboración entre o obradoiro de galletas Maruxío e o taller de obxectos de madeira Atalanta, ámbolos dous situados no concello de A Estrada (Pontevedra). Cada conxunto agasallo leva aexplicación da nosa colaboración.
Procuramos conxuntos agasallo que aporten produtos de proximidade, feitos de xeito tradicional e de “refugallo cero”. Todo ten un uso e unha segunda vida. Nada vai parar ao lixo.
Pack composto por:
- Niño de paxaro en taboleiro de chopo
- 2 buxainas de bidueiro
- Paquete de rebolos de 250 gr de abelás e chips de chocolate.
O niño de paxaro está feito de taboleiro de chopo, as buxainas son de bidueiro. Madeira crúa, sen ningún tipo de verniz. Os rebolos de Maruxío son de abelás e chips de chocolate.
Estes prezos non inclúen os portes que se presupostarán aparte.
As pezas de madeira son susceptíbles de seren personalizadas con láser. Ocusto variará en función do número de pezas e da personalización,incrementando o prezo un mínimo de 2 € (consultar).
Reseñas
Aínda non hai valoracións.