A historia das nosas galletas.
Coñece Namoreiras
Namoreiras é un proxecto de vida que queremos compartir con aqueles que, coma nós, aman o rural e os saberes tradicionais, senten o medio natural como unha segunda pel e procuran un xeito de vivir e de consumir que coide da súa saúde e da comunidade.
Por iso regresamos ao fogar da nosa familia, Casa Terra de Rebolos, no concello da Estrada, e puxemos en marcha un obrador de repostería saudable, de onde saen as nosas namoreiras, galletas elaboradas con produtos de calidade, primando a proximidade e sustentábles. E por iso abrimos a nosa casa para promover o intercambio de saberes a través de actividades de formación e o convertemos nun espazo multidisciplinar aberto á creación, ao diálogo e á convivencia.
E por iso tamén ofrecemos a nosa casa como aloxamento, onde poderás descansar, reconectar contigo, cos teus e coa natureza, buscar inspiración ou acougo e descubrir, se aínda non o sabes, onde queres estar.
Encántanos o que facemos
Contámosche un segredo.
As nosas galletas
Combinamos o artesanal co natural e o delicioso, e así é como logramos o auténtico sabor das nosas namoreiras.
Ingredientes naturais
Todos os ingredientes das nosas namoreiras proceden da agricultura.
Artesanais
Non atoparás dúas namoreiras iguais, xa que cada un deles é feito a mán pola nosa María.
Proximidade
Os ingredientes que empregamos nas nosas elaboracións proceden de distribuidores da zona.
Coñece as estrelas da familia.
As galletas máis vendidas

Avea e chocolate
As galletas veganas dos fans do chocolate e a avea.

xenxibre e chía
Irresistibles galletas de xenxibre e chía para compartir cos teus.

Avelás e chips
Notarás en cada mordisco como as chips de chocolate fúndense na túa boca.

Avea e arandos
Galletas veganas, saudables e atención, ¡porque poden ser altamente adictivas!
Onde os soños se fan realidade.
Benvidos ao noso fogar










