Rebolos artesáns

POR QUE SON TAN ESPECIAIS?

A historia dos nosos rebolos.

Coñece Namoreiras

Namoreiras é un proxecto de vida que queremos compartir con aqueles que, coma nós, aman o rural e os saberes tradicionais, senten o medio natural como unha segunda pel e procuran un xeito de vivir e de consumir que coide da súa saúde e da comunidade.

Por iso regresamos ao fogar da nosa familia, Casa Terra de Rebolos, no concello da Estrada, e puxemos en marcha un obrador de repostería saudable, de onde saen os nosos rebolos, galletas elaboradas con produtos de calidade, primando a proximidade e sustentábles. E por iso abrimos a nosa casa para promover o intercambio de saberes a través de actividades de formación e o convertemos nun espazo multidisciplinar aberto á creación, ao diálogo e á convivencia.

E por iso tamén ofrecemos a nosa casa como aloxamento, onde poderás descansar, reconectar contigo, cos teus e coa natureza, buscar inspiración ou acougo e descubrir, se aínda non o sabes, onde queres estar.

Encántanos o que facemos

Contámosche un segredo.

Os nosos rebolos

Combinamos o artesanal co natural e o delicioso, e así é como logramos o auténtico sabor dos nosos rebolos.

Ingredientes naturais

Todos os ingredientes dos nosos rebolos proceden da agricultura.

Artesanais

Non atoparás dous rebolos iguais, xa que cada un deles é feito a mán pola nosa María.

Proximidade

Os ingredientes que empregamos nas nosas elaboracións proceden de distribuidores da zona.

Coñece as estrelas da familia.

Os rebolos máis vendidos

1

Avea e chocolate

As galletas veganas dos fans do chocolate e a avea.

Rebolo de jengíbre e chía2

xenxibre e chía

Irresistibles galletas de xenxibre e chía para compartir cos teus.

galletas-de-abellanas-y-chocolate-ecologicas3

Avelás e chips

Notarás en cada mordisco como as chips de chocolate fúndense na túa boca.

4

Avea e arandos

Galletas veganas, saudables e atención, ¡porque poden ser altamente adictivas!

Onde os soños se fan realidade.

Benvidos ao noso fogar