Descripción
Un doce co arrecendo das festas e o sabor da nosa terra. Os arrolos de améndoa de Namoreiras están feitos a man no noso obradoiro, cun recheo goloso de cabelo de anxo e a intensidade das améndoas en dúas texturas (fariña e granillo). Crocantes por fóra, tenros por dentro e cun acabado dourado que enamora dende o primeiro bocado.
Perfectos para: acompañar café ou té, regalar ou darse un capricho con sabor a tradición.
Ingredientes: fariña de améndoa (froitos de cáscara), granillo de améndoa (froitos de cáscara), azucre de cana golden, cabelo de anxo, ovo.
Artesán e de proximidade. Sen aditivos nin artificios.
Conservación: gardar en lugar fresco e seco.
Alérxenos: contén froitos de cáscara (améndoa) e ovo.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.