CategoriesNamoreiras

Feira do mar en terra

Os vindeiros sábado 9 e domingo 10 de setembro, temos unha cita na Terra de Rebolos! Estamos moi felices de poder anunciar que celebraremos a “Feira do mar en terra”.

Unha feira feita con todo o noso agarimo, para por en valor á nosa cultura e ao noso patrimonio. Terra e Mar, indistintamente.

O mar en Terra, quere amosar e revalorizar o noso patrimonio marítimo, proxectos futuros e o día a día de todas aquelas persoas que traballan no mar nas diferentes vertentes.

XORNADAS CHEAS DE ACTIVIDADES

Estaremos dous días aprendendo uns dos outros con xornadas cheas de debates, música, poesía, oficios do mar, mercado de artesanía con proxectos vinculados ao mundo do mar, presentacións de libros,… E moito máis!

Se eres amante dos barcos, temos preparadas tamén exposicións cuxa temática será o mar e as embarcacións tradicionais que non te deixará indiferente.

Desfrutaremos tamén da música tradicional, con pasarrúas dos grupos De Tazas, Xingras da arca e Decotío.

Haberá postos de comida para que podas pasar unha xornada arredor do mundo do mar na mellor compañía, e co bandullo ben contento.

E por último, permítenos suxerirche que se nos visitas, veñas con vestimenta mariñeira. Así conseguiremos unha experiencia moito máis inmersiva e integral.

Agardámoste os días 9 e 10 de setembro en Terreboredo (A Estrada).

📣 APRAZAMOS A FEIRA DO MAR EN TERRA 📣
Atendendo ás previsións meteorolóxicas para esta fin de semana, a nosa Feira O Mar en Terra queda adiada ata novo aviso 📅
Pedimos desculpas polas molestias, e ainda que nos dá moita pena, dámoslle a benvida á choiva que nos vai visitar e que dará de beber á nosa terra 🌧
Pronto anunciaremos novas datas e poderemos desfrutar ainda máis, se cabe, deste evento tan especial para nós

2 Comentarios

  1. Quería asistir o taller de crema de algas o domingo, se fose posible. Moitas gracias!

    1. Bo día Marta!
      Por suposto que e posible. Precisamos que nos deixes o teu nome completo e un teléfono de contacto.

      Moitísimas grazas por acompañarnos, que teñas un moi feliz día!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *