Espazo Tendas

Leva as nosas Namoreiras á túa tenda.

Reserva a nosa exposición e une repostería con cultura nun mesmo lugar!

ÚNETE Á NOSA REDE

Unha historia de amor💖

As nosas galletas e a túa tenda!

Agora que xa coñeces a nosa variedade de galletas, pastas de té, granolas, únete a nós e comeza a vender as nosas galletas na túa tenda de proximidade!

Prometemos  ter o packaging máis sostible e as galletas máis boas!

+ 2800

Galletas vendidas

+ 50

Tendas polo mundo

+ 0

Tipos de galletas

A nosa exposición itinerante,

agora na túa tenda!

Viaxa con nós: Cultura e repostería na túa tenda.

Queremos que toda esa arte, memoria e patrimonio saia do obrador e poida viaxar directamente aos ollos da túa clientela. Así nace a nosa exposición itinerante: un fermoso expositor de madeira creado de xeito artesanal por Miudiño Artesanía Galega

Este pequeno moble está pensado para que as tendas que apostan por Namoreiras poidan acollelo nos seus establecementos durante uns días. Unha oportunidade para que quen vos visite poida coñecer de primeira man as colaboracións con ilustradores, historiadores e escritores galegos que dan vida ás nosas caixas por fóra e por dentro.

As coleccións que compoñen a viaxe.

A exposición recolle o traballo e o compromiso vertido ao longo dos anos a través de catro grandes eixes temáticos que visten as nosas edicións: 

Mulleres Valentes

 

Este proxecto naceu dun reto persoal da ilustradora Rosa de Cabanas en 2021, transformándose nunha profunda canle de busca e divulgación de mulleres galegas activas e valiosísimas en ámbitos como a ciencia, o activismo, o xornalismo e a arte, moitas delas historicamente invisibilizadas. Tres destes retratos indispensables (Rosalía de Castro, Maruxa Mallo e as Marías —Maruxa e Coralia—) son hoxe o corazón e a imaxe do packaging de edicións especiais de galletas elaboradas por Namoreiras. 

Rumbo á Liberdade

 

Máis alá dunha iniciativa comercial, esta serie especial de rebolos de obrador nace do compromiso estrito coa nosa memoria histórica. Coordinada nos textos polo investigador Antón Mascato e nas ilustracións por Rosa de Cabanas e Xosé Iglesias, esta colección rende unha honorábel homenaxe á xente do mar que non se someteu á ditadura de 1936 e puxo rumbo cara á dignidade. Historias do boniteiro Arkale de Cariño, o cerqueiro Novo Endem do Grove, ou a epopea do transatlántico Santa Liberdade fúndense con galletas que alimentan as emocións e a solidariedade. 

Cultura Náutica Tradicional

O patrimonio mariñeiro e da náutica tradicional é un tesouro de riqueza extraordinaria no noso pobo, pero ás veces corre o perigo de volver de lado ou caer no esquecemento. Como herdeiros de figuras que dignificaron o mar coma Staffan Mörling ou as asociacións que loitan de xeito titánico polo patrimonio fluvial e marítimo, en Namoreiras sumámonos con orgullo a este milagre de recuperación. Coas palabras do escritor Anxo Angueira coma guía, as nosas caixas visibilizan tipoloxías únicas de embarcacións e carpintaría de ribeira (a dorna de Arousa, o san cosmeiro, a lancha de relinga…) para que Galicia sinta orgullo do seu legado vinculado ao mar. 

Viaxa Con Nós…

Namoreiras é un proxecto artesán nacido e afincado na aldea de Terreboredo (A Estrada), que emprega a repostería como vehículo para contar historias e transmitir parte do patrimonio inmaterial. No noso obrador, elaboramos galletas, pastas e granolas con ingredientes de proximidade. Traballamos con produtos que se manteñen fixos todo o ano, e tamén con caixas de edición limitada en colaboración con artistas da nosa Terra.

¿Cómo podo acoller a exposición na miña tenda?

Rechea un breve formulario cos datos que solicitamos.

Cando teñamos os teus datos, porémonos en contacto contigo.

 Dinamiza a túa tenda acollendo a exposición durante uns días sen custo.

O que din de nós.

Opinión das nosas tendas

Únete ao movemento Namoreiras.

Tendas que venden Namoreiras polo mundo

FAITE EMBAIXADOR


FAITE EMBAIXADOR